xoves, 2 de xuño de 2016

Río Trabe, Galicia terra dos 10.000 ríos


 
Atendemos explicacións


Autores: David Rivadulla e Carla Beiras
 O día vinte e  seis   de maio fixemos unha saída aos  muiños de auga. Cando chegamos xuntámonos á  beira do río no parque dos "patos" . Aprendimos que se chama río Trabe que nace na Zapateira. Primeiro contáronnos da importancia da auga, e que a Galiza lle din "a terra dos dez mil ríos", porque ten moitos ríos. David Rivadulla xa sabía do acueducto de Segovia , que construiron os románs para levar auga. 
Tamén escoitamos a historia do "río do esquecemento",que é o  río Limia; conta a lenda que  os que o cruzaban olvidaban todo o seu pasado e non podían volver, esquecían porque entraban nun país moi bonito e xa quedaban .  
Falaron dos peixes,  e outros animais que viven nos ríos : troitas, anguias, lampreas,
das árbores como  ameneiro que  serve para facer pontes, eixo do carro e zocas.

 
Parque dos patos. Río Trabe


 Fumos ao lugar onde está o muíño explicaronnos moitas cousas do seu funcionamento coa marea e auga do río.  Para que usaban o muíño. E que se bailaba? pois unha muiñeira

No interior
Merendamos


Muiñeira






Ningún comentario:

Publicar un comentario