luns, 12 de decembro de 2016

FAMILIAS INTEGRADAS NA ESCOLA. Flauta de Pan

Persoas da aula de 2º C atoparon no libro de Mates unha cousiña para construir . E nada dito e feito, pedíronme permiso para facelo na casa  porque na aula non tiñamos os materiais. Primeiro foron  Dubra e Valeria .   Agora xa temos máis.


flautas de Pan con palliñas 

Flauta de pan

Que é?

Un conxunto de tubos que están unidos entre si, de distintos tamaños, que se atopan pechados por un extremos e abertos polo outro.




De onde vén o nome?
Pois PAN é unha palabra homófona, é dicir que soa igual pero ten distinto significado. O instrumento leva o nome, en alusión ao Deus PAN, da mitología grega.

É un dos primeiros instrumentos que se elaboran na Europa Prehistórica, pero curiosamente son moi coñecidas para algúns compañeiros que veñen de , ou viviron en países de América do Sur


Grazas a todas as persoas que colaborades coa escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario