venres, 16 de xuño de 2017

ESCORNABOIS, VACALOURA.

Mateo que estuda en 2º B , veu á nosa aula para compartir un seu descubrimento. El e seu pai atoparon un ciervo volante,( en castellano).  Contounos cousas como que é un animal invertebrado insecto , que pode voar e que  apesar do seu aspecto terrorífico, é "vexetariano" que gosta da madeira dos carballos. Púxolle unha cereixa porque tamén gosta do zume da foita. Este debe ser un macho porque ten as "pinzas" e polo seu tamaño porque as femias son máis pequenas.
Vacaloura con cereixa
Depois ten pensado liberalo na natureza porque quedan poucos e queremos que viva.
Grazas Mateo por adeprendernos tantas cousas bonitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario