martes, 13 de xuño de 2017

PAREDES SOÑADAS



                  Taller de lectura



           PREPARANDO VISITA Á EXPO DE URBANO LUGRÍS   “ PAREDES SOÑADAS”

1.- Quen sabe o que é unha medusa?

-      Un invertebrado . Teño aquí no meu pupitre un libro , dixo Marc.



  A medusa ou augamar[1] é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos,[2] ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis.[3] As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.[4]

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.[5]

 Na casa dos peixes de Coruña vive unha Aurelia aurita, medusa común, medusa sombrilla, que é unha medusa transparente .  Amosa numerosos tentáculos urticantes . Gústalle  comer ovos de  peixes peixiños pequeniños .

Ás veces podemos atopala na area na beiriña das praias.




Penso que comezamos a comunicar co pintor.

E que será unha serea?



“Pois Sergio ten un libro que fala de quen son as sereas”dixo outro e Sergio leu e debuxamos sereas porque somos persoas da beiramar.
taller de pintura
De neno Lugrís antes de ires á escola ía a praia apañar cunchas
 Para saber máis da expo e do pintor

Gustánbanlle  os azuis


Claudia quixo contar o que viviu dun xeito voluntario e por suposto, recollémolo aquí
Culleredo. Ola son Claudia, hoxe é  dia 9 de xuño  .  Cheguei ao cole e saín de seguido saímos  de  excursión  para ver unha exposición do pintor Urbano Lugrís na cidade de A Coruña
Lugrís é unha exposición de pintura .Eu cheguei cos meus compañeiros e  recolleunos  unha chica, subimos polo almacén, o ascensor era xigante!!!!!. Subimos dúas plantas, alí chegamos ao obradoiro  fixemos o abecedario que pintou Lugrís para a  Vilaboa.

 Despois fomos con Laura, xa a coñeciamos do ano pasado. Ela contounos unha historia de Lugrís. Encantáballe o mar,e pola mañana de neno  erguíase moi ,  moi ,  moi cedo, porque antes de ir ao cole facía dúas cousas: ir ao porto e ir á praia a apañar cunchas. Pintaba sobre madeira,usaba distintos pinceis. As súas cores favoritas son os azuis.
Despois chegamos ao cole, merendamos, fomos ao patio  e aquí estou contando esta historia.  Redactora.Claudia Cruz Alonso. Xuño de 2017




Ningún comentario:

Publicar un comentario