Amosando publicacións coa etiqueta Historia diaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Historia diaria. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de decembro de 2016

FAMILIAS INTEGRADAS NA ESCOLA. Flauta de Pan

Persoas da aula de 2º C atoparon no libro de Mates unha cousiña para construir . E nada dito e feito, pedíronme permiso para facelo na casa  porque na aula non tiñamos os materiais. Primeiro foron  Dubra e Valeria .   Agora xa temos máis.


flautas de Pan con palliñas 

Flauta de pan

Que é?

Un conxunto de tubos que están unidos entre si, de distintos tamaños, que se atopan pechados por un extremos e abertos polo outro.




De onde vén o nome?
Pois PAN é unha palabra homófona, é dicir que soa igual pero ten distinto significado. O instrumento leva o nome, en alusión ao Deus PAN, da mitología grega.

É un dos primeiros instrumentos que se elaboran na Europa Prehistórica, pero curiosamente son moi coñecidas para algúns compañeiros que veñen de , ou viviron en países de América do Sur


Grazas a todas as persoas que colaborades coa escola.

domingo, 16 de xuño de 2013

CALENDARIO INCOMPLETO

Ó longo do curso 2012-2013  cada mes iniciaciase cun refrán referente.
 Disfrutamos e falamos de actividades que se dan, de tempo atmósférico. de colleitas, tomaremos froita da temporada , de animais, de santos ou datas que mantemos da tradición. En colaboración coas familias: conversacións na casa, medida do tempo , o mes como unidade  e o ano, explicacións sabias, voacabulario novo . memoriazacións e re-escritas-autoditados.  Xa sabemos escribir sen mirar que é  moi dificil pero xa podemos.
REFRANEIRO DE PRIMEIRO

mércores, 25 de abril de 2012

PRIMAVERA NO RÍA DO BURGO


  Na aula de 5º naceron vermes da seda que son alimentados con follas das morera que viven  no xardín do cole. Observamos que árbore(de folla caduca) brota a mesmo tempo que os ovos eclosionan. Deixo aquí un relato para pensar

"La mariposa y el gusano"