Amosando publicacións coa etiqueta Saídas culturais.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas culturais.. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de xuño de 2017

PAREDES SOÑADAS



                  Taller de lectura



           PREPARANDO VISITA Á EXPO DE URBANO LUGRÍS   “ PAREDES SOÑADAS”

1.- Quen sabe o que é unha medusa?

-      Un invertebrado . Teño aquí no meu pupitre un libro , dixo Marc.



  A medusa ou augamar[1] é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos,[2] ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis.[3] As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.[4]

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.[5]

 Na casa dos peixes de Coruña vive unha Aurelia aurita, medusa común, medusa sombrilla, que é unha medusa transparente .  Amosa numerosos tentáculos urticantes . Gústalle  comer ovos de  peixes peixiños pequeniños .

Ás veces podemos atopala na area na beiriña das praias.




Penso que comezamos a comunicar co pintor.

E que será unha serea?



“Pois Sergio ten un libro que fala de quen son as sereas”dixo outro e Sergio leu e debuxamos sereas porque somos persoas da beiramar.
taller de pintura
De neno Lugrís antes de ires á escola ía a praia apañar cunchas
 Para saber máis da expo e do pintor

Gustánbanlle  os azuis


Claudia quixo contar o que viviu dun xeito voluntario e por suposto, recollémolo aquí
Culleredo. Ola son Claudia, hoxe é  dia 9 de xuño  .  Cheguei ao cole e saín de seguido saímos  de  excursión  para ver unha exposición do pintor Urbano Lugrís na cidade de A Coruña
Lugrís é unha exposición de pintura .Eu cheguei cos meus compañeiros e  recolleunos  unha chica, subimos polo almacén, o ascensor era xigante!!!!!. Subimos dúas plantas, alí chegamos ao obradoiro  fixemos o abecedario que pintou Lugrís para a  Vilaboa.

 Despois fomos con Laura, xa a coñeciamos do ano pasado. Ela contounos unha historia de Lugrís. Encantáballe o mar,e pola mañana de neno  erguíase moi ,  moi ,  moi cedo, porque antes de ir ao cole facía dúas cousas: ir ao porto e ir á praia a apañar cunchas. Pintaba sobre madeira,usaba distintos pinceis. As súas cores favoritas son os azuis.
Despois chegamos ao cole, merendamos, fomos ao patio  e aquí estou contando esta historia.  Redactora.Claudia Cruz Alonso. Xuño de 2017




mércores, 22 de xuño de 2016

VIAXE FIN DE CURSO

 Visitamos Marcelle para ver animais porque os queremos sobre todo agora que sabemos tanto. Disfrutamos da viaxe nun día que o bo tempo acompañounos. Foi unha festa- final de curso excelente
Familia de Oso Pardo en Marcelle




 O  burriño trotón estaba alí, manso, seguro que lle gañou ao vento como dicia a canción.


 A ra tomando o sol, repirando polos pulmóns. Xa sabedes que si hai ras nunha poza significa que auga está en moi boas condicións. Son moi sensibles debido a que tamén respiran a través da súa pel.