Dentro dos Encontros co autor, coa autora, volve Anxo Fariña. O alumnado de 6º está a disfrutar de A chave de Atlántida, unha novela de ciencia ficción e mitoloxía. Damos parabens ao gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil do 2011.
Esperamos que te acordes de nós pois somos coñecidos desde o 1º ciclo aínda lembramos o ben que o pasamos cos teus debuxos no ano 2008. O Galopín daquel curso recolle:
13 de marzo. Anxo Fariña vén á escola. Na sala de audiovisuais Anxo Fariña contounos un conto e debuxounolo. Quen é? É un ilustrador e escritor de contos, tamén deseña tebeos. Naceu en Vigo en 1977, ten 29 anos e vive en Vigo. Que pasou? Mentras que contaba o conto de Don Quixote e Breogán ía debuxando os protagonistas. Gustounos moito. Daniel

Ningún comentario:
Publicar un comentario