Propoñenme
como exercicio, xa , que escriba. Se
desexo continuar teño que facelo, hei de realizalo en pouco tempo.
Lembro
unha historia que me contou unha muller hai xa moitos anos pero que deixou en
min un … na cabeza. Ela dicía, a propósito do tema.
Hai
dúas ideas ao tempo, unha e logo a outra, agora unha ,agora a outra, unha e
outra.
Unha.
Hoxe podo recordar unha nena sentada na cama dos seus pais, porque temía durmir
soa e debían levala para súa unha vez durmida. Aquela pequeña estaba moi a
gusto así, súa nai cantáballe cancións, outras líalle dous contos, non había
mais. Unha noite á luz amárela dun candil de queroseno, a pequerrecha soa dixo
unas palabras en voz alta; tiña un dos libriños de cartón nas súas mans, e nese
mesmo momento a súa nai berrou
alegremente para os demais da casa : A NENA XA LÉ! VIDE, ESCOITADE! XA LÉ!
A
nena nunca esqueceu aquel conto, El gallo
Kirico. Logo foi Mariposita, o qué houberon de coser moitas veces pois
rompía. Así comezou todo, e os libros convertírose no seu refuxio. Sempre
están. Os amigos apaixoados regálanllos, un libro leva a outro; outras veces
saen ao seu encontro, xa non sabe se os escolle ou son eles quen de elexila
desde os andéis, desde a libreiría, mesmos desde a pantalla. Acompañaron a súa
infancia na cama da enfermidade; a súa adolescencia baixo as mantas á luz dun foco ou, agochada entre as pólas dun antigo
fatón xaponés olvidado no fondal da horta; axuventude detrás dos estantes
dunhal ibreiría na que non podía comprar e que por sorte non vendía a aquelas
horas. Na amizade. No amor e no desamor.
A
outra idea. É unha frase lída a Bohumil Habral: ” son culto a pesares de meu, mesmo xa non sei qué ideas son miñas, surxidas
de min, e cales adequerín lendo … “ Ou algo semellante
2012

Ningún comentario:
Publicar un comentario