luns, 17 de febreiro de 2014

24 de febreiro , lembrando a Rosalía

O vindeiro luns celebramos o aniversario da universal escritora, Rosalía de Castro nada un 24 de Febreiro do 1837.  Peza fundamental no Rexurdimento. De feito,  o día 17 de Maio, Día das Letras galegas lembra a data de edición do seu Cantares gallegos.
Por seren unha figura salientable na Literatura e especialmente significativa para a cultura galega, recordarémola cunha cantiga.
Tirada do entrañable libro- CD , cantado por Uxía Senlle, Rosalía Pequeniña, editado por Galaxia e  ilustrado extraordinariamente por Marina Seoane.

HAS DE CANTAR  (enviamos estrofa que  corresponde á nosa aula)
Has de cantar...
 Canta meniña, con brando compás,
Dáreiche unha proia de pedra do lar.
Papiñas con leite tamén che darei;
sopiñas con viño, torrexas con mel.
  Libro Cantares Gallegos

Letras con sabores  no Has de cantar  do libro Cantares gallegos. Rosalía de Castro

O boliño do pote
boliño do pote
é unha masa na que se mestura  fariña milla, de centeo e de trigo, caldo e anaquiños de touciño e cebola. Dáselle forma de bola e cócese no caldo do cocido. Hoxe recuperado pola contemporanea

Papiñas con leite é unha especie de natillas con millo torrado incorporadas á cociña de hoxe

Sopiñas con viño
tamén chamadas “sopas de burro canso”, nos tempos de antes tomábanse nos días de frio e xeadas no duro inverno. Tiñan sona de enerxéticas e reconstituíntes, que se preparaban mezclando pequeñas doses de pan con viño quente e azucre segundo o gusto de cada quen.
Outra fórmula : coa masa que sobraba de facela empanada logo de cocida,  e mentres que ésta abrandaba coas clásicas follas de berza ou trapos mollados, os homes migaban estas paletres  nun cunco e botábanlle viño con azucre.



Torrexas con mel
La torrija, torreja o torrada, ou como dí Rosalía de Castro, torrexas. Son un doce propio do tempo de Semana Santa. É unha rebanda de pan xa de días, mollada con leite, viño e canela aromatizada con licor. Rebozada en ovo fritida na tixola con abondoso aceite. É un alimento de orixe humilde que sacia enseguida , e por iso utilizábano os católicos no tempo de Coaresma en sustitución da carne.

A proia de Pontedeume
Adxuntamos información para casa que nos facilitou unha familia e de cómo conseguila se ides visitar as Fragas.. Ou cociñala
Moitas grazas. 2ª B Alexandra Díaz


Aniversario de Rosalía de Castro 24 de febrero do 2014. Alexandra Díaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario