martes, 16 de xuño de 2015

SOLSTICIO DE VERÁN ou San Xoán

Unha curso , unha despedida. 
 Comeza o verán un novo tempo sempre agardado coa esperanza de que sexan favorable en colleitas, froitos e aventuras. En Galiza, en moitisímos lugares comeza cunha grande festa pagana tan antiga como a humanidade, hoxe "cristianizada"chámase San Xoán 
A palabra Solstitium indica que o sol está quedo, " parado" no ceo.  É unha semana, na que o ángulo dos raios do Sol sobre a Terra está máis baixo, prodúcese aos nosos ollos  o  día máis longo e a noite máis curta, arredor do 21 de xuño.
Dende tempos remotos fixéronse grandes fogueiras, lumeiradas , os bos e malos espiritus tamén están presentes, por iso o lume, os baños en fontes , ríos e  praias nesta noite tornan milagreiros, (ou perigosos na cultura urbán do nosos días)  ou lavar a cara ao rocío de san Xoán bota fóra as meigas e demáis fauna maligna.
Agora hai poucos anos temos o costume de asar sardiñas, últimamente o do churrasco incorporase traído da Arxentina,  o antigo costume de comer cereixas con pan perdeuse, as cerdeiras diminuiron no campo galego.
O cacho, ou ramo coas herbas mantense con moitas coincidencias cos paise nórdicos da Europa. 
En cada casa coa súa fórmula de sete herbas máxicas.
  0 cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.

Para lavarse a cara e os pés

Boas Vacacións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario