luns, 30 de novembro de 2015



Universal sen sabelo.
Hai uns día unha alumna trouxo á aula," Memorias dun neno labrego" como aportación ao caderno de galego editado onde aparecía unha resumida biografía de X. Neira Vilas. Gustounos moito e pedíronme que os grabara. É habitual. O que non sabiamos era que  se covertiría nun acto de admiración e complicidade  con Balbino quen xa forma parte da nosa vivencias escolares no proxecto de lectura polo que andamos. Evidentemente non o limos todo porque somos moi noviños .
O libro que trouxo Aimi  foi un préstamo da biblioteca municipal. Na clase atopamos un volume,  unha edición 14ª impreso no mes de novembro do 1986. E agora tod@s queren coñecer a Balbino.


Ningún comentario:

Publicar un comentario